05 diciembre, 2006

A túa vontade




A Enrique


Non quero que me deas nada
que non precise do xemido.
Só quero que sintas
a chuvia nos teus ollos,
que te molles en min
acubillado no meu nome.

Cada brisa,
cada néboa
encaixa perfectamente
en cada prego da túa boca,
porque este ceo que che ofrezo,
longuísimo e escuro,
está á túa espera dende sempre.

Achégaste
seguindo a liña que aviva a vontade
do que se entrega
e persegues a sombra
na que se esvaecen en min
todos os teus medos.

(A ollada de Astarté)



>>>Traducción


Imagen: Vlad Gansovsky

1 comentario:

Anónimo dijo...

Hacía tiempo que no leía nada tan hermoso. Mis felicitaciones. Esther.