30 diciembre, 2006

Posesión



Afíxenme á túa pel,
á calor das túas uñas
rabuñando súplicas.
O meu corpo, húmida verdade,
desfíxose en faces de Medusa.
Non me mires aos ollos aínda,
sabes que o chan é quen mellor
acolle os teus bicos
mentres esperas a palabra
que te leva dentro
neste xogo de alquimias.

A túa entrega é miña
ata que xa case non se distingue
a man da correa que guía,
a orde da obediencia,
o desexo da necesidade
e quedamos, sen remedio,
aterecidos nun pronome posesivo.


(A ollada de Astarté)

22 diciembre, 2006

Refugios




A veces la mirada del ángel pide refugio,
se cuela en mi regazo para que lo meza
y yo horneo abrazos luminosos,
caliente pan que combate
el hambre de sus alas tristes.

13 diciembre, 2006

Oler





Humo. Sólo humo.
Nada existe que no se huela.
Dame tu aroma, derrámate.

12 diciembre, 2006

Atrapando silencios,
duermen los nardos
en el alma del viento.




Ibrahim Ferrer y Omara Portuondo - Silencio

05 diciembre, 2006

A túa vontade




A Enrique


Non quero que me deas nada
que non precise do xemido.
Só quero que sintas
a chuvia nos teus ollos,
que te molles en min
acubillado no meu nome.

Cada brisa,
cada néboa
encaixa perfectamente
en cada prego da túa boca,
porque este ceo que che ofrezo,
longuísimo e escuro,
está á túa espera dende sempre.

Achégaste
seguindo a liña que aviva a vontade
do que se entrega
e persegues a sombra
na que se esvaecen en min
todos os teus medos.

(A ollada de Astarté)



>>>Traducción


Imagen: Vlad Gansovsky