14 mayo, 2007

O bico de Narciso




Os teus ollos buscaban a cor do Paraíso,
cando braceabas nun mar de dúbidas
na procura dunha praia de areas escuras
onde naufragaren os teus beizos.
Aínda non coñecías o sabor do abismo,
a necesidade de saberte meu,
o tacto da pel que se axeonlla,
as mans pousadas no lintel preciso
que induce a internarse
na conciencia nova das cousas.

Foi o bico durmido
o que afogou a liña habilmente trazada
polas túas mans de Narciso.
Xa non hai máis espellos onde ollarse,
a túa face só precisa a silueta
na que a miña sombra todo alumea.



(A Ollada de Astarté)

Traducción: aquí



Imagen: Helmut Newton






No hay comentarios: